Home ITU Multisport Inscrición ITU Multisport Pontevedra 2019

Inscrición ITU Multisport Pontevedra 2019

A participación na competición conleva a aceptación por parte do ou da deportista das seguintes condicións ou estipulacións:

COTA DE INSCRICIÓN

  1. Todo/a deportista queda inscrito/a no evento unha vez que abona íntegramente a cota de inscrición e a organización verifique que cumpre todos os requisitos necesarios esixidos para tomar parte na competición.
  2. Entenderase que un/ha deportista toma parte ou participa no evento unha vez que, tras recoller o dorsal que lle fora sido asignado, se persoa na área da competición e toma a saída.
  3. O abono da cota de inscripción supón e dá dereito ao ou á participante a tomar parte no evento.
  4. Corresponde ao organizador en exclusiva dispoñer os servicios postos a disposición dos/as participantes, así como determinar todas as cuestións relacionadas coa competición deportiva.
  5. O importe da cota de inscrición será determinado pola organización, quen publicará debidamente as cotas correspondentes. O/a deportista ten dereito a que lle sexa entregado un xustificante do pago da inscripción no intre de formalizar a mesma.
  6. Unha vez abonada a cota de inscripción, retornarase a mesma ao ou a participante únicamente se a proba non chegase a celebrarse por decisión do organizador, salvo que medie un caso ou suposto dos previstos no apartado seguinte.
  7. Non se retornará a cota de inscripción, nin todo nin parte, no suposto de que:
    • A proba fose suspendida por decisión da organización ou resto de entidades federativas ou administrativas pola existencia de supostos sobrevenidos fortuitos ou de forza maior non imputables á organización (entre tales supostos quedarían incluídos -entre outros- os correspondentes á climatoloxía, concurrencia de desastres relacionados coa natureza; etcétera).
    • A proba fose modificada en canto ao seu formato, deseño, características, distancias o circuitos.
  8. Nos casos nos que o/a deportista, unha vez inscrito/a, solicite a baixa e/ou renuncie a tomar parte no evento (con independencia das causas ou motivos aducidos pola súa parte), aplicaranse as condicións de devolución -prazos, cuantías / porcentaxes, etcétera- da cota de inscripción que, no seu caso, figuran no apartado de “inscricións” da web da proba publicada pola organización. Mais alá da data límite para as devolucións, non se procederá a retornar ao ou á deportista cantidade algunha satisfeita pola súa parte no momento de inscribirse.
  9. O pago das cantidades correspondentes a “devolucións” será realizado a través do mecanismo e prazo determinado pola organización. A organización resérvase o dereito de repercutir ao / á deportista os gastos bancarios que xerasen nas operacións de abono das cantidades por devolucións de cotas de inscripción.

TRATAMENTO E CESIÓN DE DATOS PERSOAIS

  1. Todo/a deportista, no momento de inscribirse, queda informado/a e presta o seu consentemento á incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados existentes na organización, e ao tratamento automatizado dos mesmos, así como de calesquera outros datos a que dita entidade teña acceso como consecuencia da súa participación na proba. Os datos persoais facilitados atópanse nun ficheiro automatizado inscrito no R.G.P.D. da Agencia Española de Protección de Datos de Carácter Personal.
  2. A organización asegura, en todo caso, o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos términos establecidos na lexislación vixente que poderán ser exercidos a través de solicitude realizada por escrito e dirixida á sé da organización.
  3. O/a titular dos datos persoais acepta que estes poidan ser empregados por calesquera órganos ou persoal intervintes na organización do evento. Así mesmo acepta que tales datos persoais poidan ser cedidos a terceiras persoas e/ou entidades -á marxe da organización- sempre que dita cesión resulte necesaria para o cumprimiento de disposicións normativas que puideran resultar de aplicación.
  4. O/a deportista autoriza á organización do evento para divulgar e comunicar cualesquiera sancións e medidas cautelares relacionadas con eventuais infraccións cometidas co galo da competición.
  5. O/a deportista autoriza expresamente á organización para o uso dos seus datos personais, tanto para a remisión por dita entidade de información (boletíns, newsletters, revistas, etcétera), como para o desesenvolvemento de accións comerciais en relación con productos e servicios da organización (incluíndo promocions de futuros eventos). Ditas accions comerciais poderán ser realizadas por correo postal, por correo electrónico, ou outro medio de comunicación electrónica ou telemática. O envío de tales comunicacións deberá respetar en todo caso as disposicións normativas vixentes que resulten da aplicación en cada intre.
  6. O/a deportista autoriza igualmente a comunicación ou cesión dos seus datos persoais aos patrocinadores e colaboradores da organización co mesmo obxeto indicado no apartado anterior. A tal efecto, teñen a consideración de patrocinador ou colaborador as entidades ou firmas que aparecen como tal expresamente na web da organización. O envío de tales comunicacións deberá respectar en todo caso as disposicións normativas vixentes que resulten da aplicación en cada momento.
  7. O/a deportista poderá revocar as autorizacións que dera a través da cumplimentación do presente boletín ou formulario de inscripción para o uso ou cesión dos seus datos persoais.

NORMAS XERAIS E DISPOSICIÓNS DE APLICACIÓN

  1. O/a deportista coñece a existencia e contido, entende, e acata todas as normativas, regulamentos e disposicións reguladoras que resultan de aplicación na competición. É responsabilidade do/a participante informarse sobre as normativas, regulamentos, disposicións, instrucións, e calquera outra regulamentación que resulte de aplicación na competición.
  2. O/a deportista comprométese a cumplir todos os acordos adoptados pola organización e o seu persoal, polos delegados técnicos, polos xuíces – árbitros, polos oficiais, por calquera órgano ou autoridades deportivas, así como ás resolucións emanadas por aqueles en materias da súa competencia.
  3. O/a deportista obrígase a velar en todo momento escrupulosamente polo respecto dos valores do deporte, mantendo un comportamento adecuado e preservando a boa imaxe da organización e a súa competición.
  4. O/a deportista de forma xurada e responsable manifesta que non se atopa sancionado/a nin incurso/a en ningún procedemento sancionador en materias relacionadas co deporte. Unha vez inscrito/a, tan cedo se lle impoña unha sanción a través dunha resolución que sexa firme ou simplemente executiva establecida por unha federación deportiva ou calesquera outras entidades administrativas, tal circunstancia será posta en coñecemento da organización, quen, neses casos, poderá motivadamente impedir a participación do ou da deportista na competición.

EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

  1. O/a deportista exime ä organización de toda responsabilidade por calesquera lesións ou danos físicos, materiais, ou de outra clase, non imputables a unha deficiente organización ou funcionamento.
  2. A organización disporá de medidas de control e vixiancia orientadas a evitar que posibles sustraccións de material deportivo ou persoal de os/as participantes poideran chegar a producirse con ocasión da competición. En calquera caso, todo/a participante exonera á organización de calqueira responsabilidade sobre os danos, deterioros, sustraccións, etcétera do material deportivo ou persoal da súa propiedade que o/a deportista puidese introducir e depositar antes, durante e despois da proba na área de transición ou calquera das zonas habilitadas para consigna, depósito, aparcamento, etcétera.
  3. A organización é allea e non asume ningunha responsabilidade cos/as deportistas que se inscribisen na competición deportiva en relación con calquer contratación (desprazamento, aloxamento, etcétera) que por parte de estos/as puidera levarse a cabo en relación coa asistencia ao evento. O/a deportista expresamente renuncia a chegar a reclamar á organización calquera gasto en que puidera incurrir en relación con calquer contratación (desprazamento, aloxamento, etcétera) efectuada pola súa parte no caso de que a competición non se chegase a celebrar.

DEREITOS DE IMAXE

  1. O/a deportista autoriza á organización para a gravación total ou parcial, e conseguinte explotación publicitaria nos termos máis amplios como en Dereito sexa posible, da súa presencia ou participación na competición por medio de fotografías, películas, televisión, radio, vídeo e calquera outro medio coñecido ou por coñecer, así coma o dereito a darlles uso comercial, publicitario, etcétera, que considere oportuno, sen dereito a compensación económica algunha.
  2. O/a deportista é coñecedor de que os dereitos audiovisuais da competición na que se inscribe corresponden á organización ou á entidade que por parte de esta sexa cesionaria dos mesmos. A titularidade de tales dereitos audiovisuais inclúe a posibilidade de explotación dos mesmos, co conseguinte beneficio económico. O/a deportista no poderá esixir nin á organización nin a eventuais tendeiros o explotadores de dereitos audiovisuais cantidade algunha pola súa aparición nas obras ou produccións que sexan realizadas.
  3. O/a deportista non poderá facer uso de contidos ou obras que supoñan unha utilización de dereitos audiovisuais da competición na que toma parte, aínda cando se trate de imáxenes ou sons que houbesen sido captados pola súa parte ou por calquera terceiro. Quedan expresamente excluídas as imáxenes e sons captados para seu uso doméstico. Non terá a consideración de uso doméstico de imaxes e sons da competición as captadas co fin da súa inserción ou difusión a través de webs, blogs, redes sociais, etcétera.

PROTECCIÓN DA SAÚDE

  1. O/a deportista declara que non padece contraindicación algunha para competir ou practicar triatlón, manifestando de forma responsable ante a organización que se someteu antes do evento a controis ou exámenes médicos a fin de descartar que padeza lesión, enfermidade ou problema de saúde que impidan ou sequera desaconselle a súa participación na competición.

MENORES DE IDADE

  1. No caso de que o/a deportista inscrito/a sexa menor de idade, este manifesta que conta coa expresa autorización de quen ostente a patria potestade. No caso de que fose compartida entre varias persoas deberá ter sido obtida expresa autorización e/ou consentimiento do resto de persoas que compartisen con el/ela a patria potestade sobre o menor de idade inscrito/a na competición.

CLÁUSULAS XERAIS

  1. As estipulacións e cláusulas expostas teñen a condición de dereitos e obrigas para as partes. Nese sentido, considéranse partes da relación a estes efectos: o/a deportista que se inscribe na competición como o organizador.
  2. As presentes estipulacións teñen a consideración de condicións de contratación a efectos do previsto na lexislación vixente.
  3. O/a deportista que cumplimenta o presente formulario, con renuncia a calquer outro que puidera corresponderlle, manifesta que calquera litixio, controversia ou reclamación relacionada coa inscripción ou participación na competición será sometida aos xulgados e tribunais do lugar onde a organización teña a súa sede.