Bandeiras desde o 27-4-2018, para lembrar que falta un ano

82

Un par de bandeiras do Multisport de 2019 ondearán a partir do 27 de abril deste ano ata que o mesmo día de 2019 se inauguren os campionatos mundiais de 5 modalidades distintas de trialtón. As bandeiras conforman unha simbólica conta atrás e testemuñan os preparativos que na cidade se están a realizar para que a celebración sexa un éxito.

As bandeiras ocupan dous espazos significativos da capital: un diante do Concello, na praza de España, e outro cabo da ponte dos Tirantes, o que se considera o epicentro das probas deportivas e lugar no que centos de triatletas adestran as súas disciplinas de carreira e bici.

Cada unha das bandeiras conteñen o logo do Multisport, e parten dun cubo onde tamén se pode ler a data de celebración, se ben as súas caras irán mudando o tipo de información conforme vaia decorrendo o ano. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, encabezará o vindeiro día 23 de abril unha xuntanza ordinaria do Comité Organizador na que se realizará un pormenorizado repaso das actividades que conleva a celebración dun evento tan relevante na cidade.