Pontevedra acollerá en 2019 os campionatos do mundo de Duatlón, Triatlón e Acuatlón

68

Pontevedra será a sede da ITU Multisport Festival no ano 2019 que une os campionatos do mundo de Duatlón, Acuatlón, Triatlón Cross e Triatlón de Longa Distancia. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro explicaron que a Federación Internacional escolleu Pontevedra pola súa experiencia na organización de eventos destas características.

Aínda que as datas concretas non están definidas, si se sabe que as probas prolongaranse entre nove e dez días, que traerán á cidade a máis de 4.000 deportistas de elite.

Pendente de reunirse coa Federación e entrar no detalle da probas, o triatlón cross celebraríase no Pontillón; o Acuatlón entre Monte Porreiro, a Illa e o río; o Duatlón no mesmo percorrido a que o último campionato do mundo de 2014; e o Triatlón de Longa Distancia, tamén no percorrido habitual.

O ITU Multisport Festival comezará a celebrarse no ano 2017. O ano 2016 é o último no que se celebran as probas por separado. No 2016 serán en:

· Duatlon —————————————- Aviles (Asturias)

· Triatlon LD————————————–Oklahoma (USA)

· Triatlon Cros ———————————– Australia

· Acuatlon —————————————- Cozumel

2017 (ITU Multisport Festival) en Penticton (Canada)

2018 (ITU Multisport Festival) en Odense (Dinamarca)

2019 (ITU Multisport Festival) Pontevedra.

Carta concesión ITU Multisport Festival