Pontevedra recolle en Odense a bandeira do Multisport

20

Unha ampla representación institucional da que formaban parte as máximas autoridades locais, provinciais e do departamento de Deportes da Xunta de Galicia, ademáis dos máis altos responsables federativos, recolleron en Odense a testemuña do ITU Multisport que o vindeiro ano terá lugar en Pontevedra.

Deuse a feliz circunstancia de que foi precisamente un atleta pontevedrés, Pablo Dapena, quen gañou unha das máis importantes probas das celebradas en Odense —capital da illa danesa de Fyn—, a carreira de Longa Distancia.

Completaron a misión pontevedresa en Dinamarca membros dos equipos deportivos, de seguridade, de voluntariado e de comunicación que realizaron unha avaliación do camponato danés e mantiveron algunhas xuntanzas importantes de cara á organización do pentacampionato en Pontevedra entre abril e maio de 2019.

Ademáis da presenza institucional levouse a cabo unha acción promocional durante os días que durou a proba, coa instalación dun photocall permanente na vila do atleta. Tamén e contou coa presenza dunha dinamizadora que informaba sobre o mundial pontevedrés e repartía folletos e merchandising entre as múltiples delegacións presentes.

Durante o acto de entrega da bandeira, xa na clausura do Multisport de Fyn, presentouse o video promocional de Pontevedra e todos os presentes declararon que trataremos de organizar un magnífico campionato.

Por parte das federacións, a delegación estaba encabezada pola presidenta da ITU, Marisol Casado; o presidente das Federacións Española, José Hidalgo e galega, Óscar Surís. En canto ás representacións institucionais atopábanse a concelleira de deportes, Anxos Riveiro, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a secretaria xeral de Deportes da Xunta, Marta Míguez, e o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, que fóron recibidos no castelo da cidade por autoridades locais e deportivas danesas.