Testados os circuítos de longa distancia e cross

341

A fin de semana do 25 e 26 de agosto probáronse os circuitos das disciplinas de tríatlon Longa Distancia e Cross. Foi co gallo do Campionato de España de Triatlón Longa Distancia e o de Galicia de Tríatlon Cross, puntuable para a Copa de España desta disciplina.

Nunha fin de semana con tempo soleado e altas temperaturas decorreron as duas probas que axudaron aos organizadores a configurar os circuítos que se utilizarán no Multisport 2019, un pentamundial que inclúe estas duas disciplinas, aínda que iso non significa que os percorridos vaian ser indénticos.

Nas sesións participaron técnicos da ITU que desexaban comprobar in situ a idoneidade dos circuítos. Amén dalgúns axustes técnicos, a súa opinión foi moi positiva, e destacaron especialmente a beleza dos contornos que atravesan as probas. Ademáis da cidade, tiveron especial protagonismo o parque e encoro do Pontillón do Castro e camiños forestais de conectan a Senda do Lérez cos montes do norte do municipio.

Ao tempo de probárense os circuítos deportivos ensaiouse tamén o Plan de Mobilidade, xa que especialmente as de longa distancia tiñan unha gran importancia para a comunicación de numerosas vivendas ao longo da N550 e a estrada do Pontillón a Sta. María de Xeve. As persoas encargadas da organización da mobilidade tamén estudaron pormenorizadamente os problemas que xurdiron para tratar de minimizalos de cara a 2019.