Home O evento

O evento

Un campionato do mundo de 5 deportes, que traerá a máis de 5.000 deportistas e acompañantes de todo o mundo. Unha semana de irmandade, competición sá, festa intensa e fecundos intercambios.

As probas, como é habitual, celebraranse no corazón da cidade. O conxunto que forman o río, a cidade medieval e os entornos campestres son os escenarios da prueba. Nadarás nun río limpo e xeneroso, correrás por rúas de pedra con máis de 500 anos de historia, cheas de xente que te animará dende o primeiro ata o último momento.

Celebrarase na primavera de 2019. O mellor momento, no mellor lugar. Temperaturas suaves, bosques verdes, ríos limpios, praias suxerentes, rúas repletas de vida e enerxía nos corazóns.

Se pensas vir ao Campionato do Mundo, podes acercarte cando queiras ata a cidade para estudar os recorridos ou entrenar en calquera momento. Sempre terás todos os recursos á tua disposición: ximnasios, piscinas, o río, as rúas sen coches, circuítos de running, pistas de atletismo, recorridos de trail… un escenario permanente para todas e todos.

2,027FansLike
46FollowersFollow
255SubscribersSubscribe