Home O evento Ravachol

Ravachol

A nosa mascota será un descendente deste loro tan descarado e famoso na nosa cidade.

A fins do século XIX este papagaio era a mascota do popular boticario don Perfecto Feijóo, situada no centro da cidade. Dende alí increpaba a veciños e viandantes coa súa divertida elocuencia. En xaneiro de 1913 morreu e, no entroido dese ano os veciños organizaron un multitudinario velorio. Hoxe, Ravachol é o protagonista absoluto do entroido pontevedrés, que dedica o último dos seus 10 días de celebración a chorar a súa infausta morte. O finado é despedido pola multitude mentres se incineran os seus restos na praza central da cidade.

A este descendente de Ravachol que nos acompañará no Multisport Festival aínda non o bautizamos. Para iso contamos coa axuda de veciños e veciñas a través da web e as redes sociais.

3,188FansLike
402FollowersFollow
280SubscribersSubscribe