Home O evento Turismo

Turismo

A cidade das persoas

Pontevedra é unha cidade administrativa, turística e de servizos. É a capital histórica e monumental da provincia homónima e das Rías Baixas; cidade de arte e historia, cun importante centro histórico, unha améndoa de rúas e prazas de pedra que ao longo dos séculos ven sendo escenario dunha grande vitalidade urbana.
Ademáis do seu importante patrimonio monumental e de ser atravesada por milleiros de peregrinos cada ano, Pontevedra é hoxe moi coñecida por ser unha das cidades máis sustentables do mundo. A principios do século XXI a cidade deu un xiro na súa evolución e decidiu adaptarse aos máis rigurosos cánones de respecto ao medio natural. Hoxe ofrece interesantes índices de desenvolvemento ambiental, entre os que destaca a redución do 66% das emisións de gases de efecto invernadoiro.
Para lograr esta harmonía ambiental, a cidade reduciu drásticamente o uso do coche privado, gañando moitísima superficie de espazo público, antes ocupado polos automóbiles. A actual mobilidade urbana realízase básicamente a pe, se ben se mantén o tráfico de coches que resultan necesarios para organizar a vida das persoas.
En novembro de 2014 foille concedido o galardón internacional ONU-Hábitat, entregado en Dubai, que a recoñece como unha das cidades europeas máis cómodas para vivir, especialmente en materia de calidade urbana, mobilidade e accesibilidade. En 2015 concedéronlle polo mesmo motivo o premio de excelencia urbana do Center for Active Design en Nova York e o premio Cidade Intelixente Euro-China 2015 entregado en Hong-Kong.
Veciños e visitantes comparten amplas estancias libres de coches. Rúas, prazas, parques e zonas peonís nun animado ambiente de compras, terrazas e paseo. Durante todo o ano celébranse numerosos eventos que enchen a cidade de xente, pero especialmente é no verán cando a festa está asegurada con numerosos espectáculos de rúa e deportivos que crean ambientes moi especiais.
A cidade é epicentro de varias sendas peonís que ofrecen agradables percorridos pola natureza. Especialmente destacadas son 3: a Senda do Lérez, a Xunqueira de Alba e a do Río dos Gafos, esta última moi natural e que moitos peregrinos utilizan para chegar á cidade en paralelo a esta pequena canle fluvial que baixa de sur a norte e desemboca na ría tras percorrer un dos parques urbáns máis garimosos.
Se a natureza é especialmente destacable tamén o é a riqueza histórico artística, tanto na cidade mesma coma no seu impresionante Museo, o máis grande de Galiza, que ofrece un completo percorrido pola historia, a arqueoloxía, a arte e a cultura da cidade e o país, entre outras coleccións. Sen dúbida a mellor maneira de achegarse aos fitos máis significativos da arte e a cultura de Galiza.
A orixe da cidade sempre se relacionou coa súa ubicación estratéxica no centro das rutas norte-sur do litoral atlántico galego, que na idade media foi utilizado polos camiñantes que facían o Camiño Portugués a Compostela. As pontes —especialmente a do Burgo— son os elementos máis importantes da súa historia e protagonistas incuestionables, acompañando o percorrido do río Lérez nos seus últimos quilómetros.
O municipio ten unha poboación de 84.000 habitantes e encabeza un área territorial de case 200.000, con concellos como Poio, Marín, Bueu, Sanxenxo, Barro, Cotobade, Vilaboa, Soutomaior, Pontecaldelas o Campo Lameiro, entre outros.
No seu contorno, ademáis do núcleo histórico de Combarro, atópase o centro arqueolóxico de Campo Lameiro, o máis importante de Europa en escultura rupestre sobre rocha, o campo de golf de Meis, o balneario de Cuntis, a fervenza da Barosa, entre outros fermosos miradoiros, paisaxes fluviais e as mellores praias de Galiza.
De feito, moitos turistas elixen esta tranquila e dinámica cidade para establecer a súa sede vacacional, pois está equidistante das mellores praias e paisaxes das Rías Baixas. Nun radio de 20 km atópanse os puntos máis característicos deste importante área turística de Galiza.
Desde 1999, a población de Pontevedra medra a un promedio darredor de 1.000 persoas ao ano. É a cidade que máis medra de Galiza e a que conta coa poboación urbana máis nova.

2,830FansLike
402FollowersFollow
272SubscribersSubscribe