4.000 deportistas serán os protagonistas de Pontevedra 2019, o mundial Multisport de maior participación da historia

83

O 2019 ITU Pontevedra World Championships by Santander, que se vai celebrar entre o 27 de abril e o 4 de maio, vai ser o Mundial Multisport de maior participación da historia, xa que conta con máis de 4.000 deportistas inscritos entre os Campionatos do Mundo de Duatlón, Tríatlon Cross, Acuatlón, Aquabike e Tríatlon de Longa Distancia.

Pontevedra 2019 é, ademais, o campionato internacional con máis españois inscritos (800) de cantos se levan organizado en toda a historia do tríatlon dentro ou fóra do noso país. Outro dato significativo é a alta porcentaxe de mulleres que tomarán parte nalgunha das probas, casi o 33% do total (1.300 mulleres), cando o habitual neste tipo de probas sitúase ao redor do 25%.

Haberá un total de 1.047 inscritos máis que en Fyn 2018 (Dinamarca), a anterior sede mundialista, e 726 máis que en Penticton 2017 (Canadá) onde se celebraron os primeiros da historia. A chegada de máis de 3.000 triatletas, duatletas e acuatletas extranxeiros (cunha estancia de entre 3 e 4 noites de media) suporá un importante impacto económico a nivel rexional. Entre as nacionalidades con maior presenza destaca o nutrido grupo de británicos con 927 deportistas inscritos, seguidos por 751 estadounidenses, case 200 portugueses, 161 brasileiros, ou os 150 australianos, entre un total de 54 países representados.

A disciplina que congregará un maior número de deportistas é o duatlón (1.280), coas modalidades sprint e standard, seguida polo Mundial de Tríatlon de Longa Distancia con 900 triatletas, entre élite e grupos de idade.

Sumando as cinco disciplinas haberá 220 participantes en categoría élite, e a media de idade sitúase entre os 45 e 49 años entre os triatletas populares, chamados ‘grupos de idade’ . Como curiosidade, este Mundial ‘Multideporte’ contará con 22 participantes de máis de 80 anos.

Estas cifras supoñen un éxito sen precedentes, e convirten a Pontevedra na sede do maior evento triatlético en canto a participación de todos os que se organizan en España.

Pontevedra 2019 é un evento multidisciplinar que ofrecerá aos deportistas e acompañantes unha completísima axenda cultura e de ocio, con actividades de todo tipo (festival de música TriFest, cerimonia de inauguración, pasta party, viaxes guiados pola provincia…) que vai lograr un índice de ocupación hotelera de case o 100% en todas as localidades da contorna de Pontevedra.