A  contorna de Pontevedra, chea de suxerentes propostas de lecer e turismo

20

O porto histórico de Combarro, as illas Cíes, as inscripcións rupestres máis antigas de Europa ou o mellor museo de Galicia son algúns dos alicientes culturais e turísticos que poden disfrutar os deportistas e acompañantes que acudan ao Multisport 2019, que se celebra en Pontevedra entre o 27 de abril e o 4 de maio.

Combarro é un pequeno porto histórico a tan soio 6 km da cidade. Seu centro monumental, con ruelas de pedra e hórreos que chegan ao mar, conforman unha das iconografías máis famosas da Galicia mariñera, xa que resume a esencia da íntima relación deste país coa pesca e o marisqueo, actividades hoxe ampliadas ao turismo e os deportes náuticos.

Unha visita imprescindible dende Pontevedra, como tamén o é algunha das pegadas en pedra dos primitivos poboadores de Galiza, cuxas inscripcións rupestres son as máis antigas e importantes de Europa. Pontevedra é o centro dos petróglifos galegos, pois nos seus arredores atópanse os de Mogor, Tourón, Cotobade e por riba de todo Campo Lameiro, onde un magnífico parque rupestre  convírtese en cita ineludible, a media hora da capital.

Si o tempo é benigno os días da competición, os visitantes poden achergarse ás magníficas praias de Marín, O Morrazo e O Salnés, a calquera dos miradoiros dos montes próximos (hai moitos e moi variados), ao ecoparque de aventuras de Marín, a xogar ao golf en Meaño ou a contemplar o Atlántico e as Illas Cíes e Ons dende a Costa da Vela, para fotografarse na súa espléndida cuncha metálica, unha figura que dende fai poucos anos  convertíuse en famosa icona do diario solpor cando o sol despídese de Europa.

Outra espléndida excursión pode realizarse ao Castelo de Soutomaior, a uns 20 km da capital, unha sólida fortaleza chea de historia e recordos polos que viaxar se te interesa a dimensión cultural de Galiza, e que hoxe é un espléndido museo. De paso, moi preto, atópase Arcade, un pobo cheo de interesantes ostrerías e marisquerías nas que degustar un dos produtos máis atractivos da gastronomía galega.

Si o tempo acompaña tamén é moi recomendable dirixirse en barco ás Illas Cíes ou á de Ons, ambas incluídas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza, paraísos naturais que ofrecen unha incomparable riqueza paisaxística e un ecosistema marítimo-terrestre variado e a salvo das principais agresións humanas.

Ademáis do programa de lecer que ofrecerá o campionato durante a semana de competicións, os visitantes poden optar polo sempre animado e bullicioso enclave turístico de Sanxenxo, cheo de terrazas, cafés, clubes discotecas, restaurantes e bares, que a esa altura do ano está empezando a temporada estival. Seu concello tamén está a preparar un atractivo programa de actividades, especialmente pensado para os inscritos que se aloxen alí.

Pontevedra, centro das competicións, ten tamén un interesante patrimonio cultural. Centro do Camiño Portugués a Santiago de Compostela, a cultura peregrina está moi presente no carácter acolledor da cidade, cuxo eslógan histórico é “É boa vila e dá de beber a quen pasa”. Chea de espazos abertos e sen coches, de edificios con singular arquitectura, conta cun centro histórico medieval moi ben conservado, coa súas rúas, prazas e edificios de pedra, sempre animado e con atractivos recunchos para perderse entre o bullicio de compras, terrazas ou restaurantes.