A contorna máis natural de Pontevedra será protagonista no Mundial de Triatlón Cros

8

O martes 30 de abril disputaráse no contorno da cidade o Campionato do Mundo de Tríatlon Cross. Será unha proba para amantes da natureza, que rodarán e correrán por sendas e pistas rurais moi perto do centro da cidade, pero rodeados de vexetación e o contorno verde característico en Galiza e as Rías Baixas.

Esixente e divertido, o trazado da estrada someteuse a unha proba test o pasado 26 de agosto no campionato galego de Triatlón Cros, proba final da Copa de España, recibindo moi boas críticas tanto de deportistas como dos delegados da ITU desprazados ao evento. A beleza das paisaxes e o acondicionamento e infraestrutura para a proba do Mundial Multisport foron aspectos moi destacados.

Toda a información sobre o circuito de Tríatlon Cross está disponible no web do evento aquí: (https://pontevedra2019.org/itu/)

Todos os segmentos do Cross disputaránse a unha volta. A área de transición e a zona principal da competición estarán ubicadas cabo do río, na Avenida de Bos Aires, desde a que se inician as sendas do río e camiños que forman parte dos circuitos. A natación, de un quilómetro, terá lugar no Lérez ao pé da ponte dos Tirantes.

Os 30 km do segmento de bici de montaña farán disfrutar especialmente aos protagonistas da BTT. Sen apenas descnaos en chao, con catorce quilómetros de subida e outros tantos de baixada, o trazado técnico pero sen excesivas dificultades levará aos participantes por camiños e sendas de monte ata o parque forestal e deportivo do Pontillón co Castro, en Verducido, antes de retornar a Pontevedra. Entre medias haberá un punto de reparación de bicis e recarga de bidóns de avituallamento líquido.

Os 7 km finais de carreira a pé no Mundial de Cross tamén se desenvolverán en plena natureza. A senda do Lérez e a praia fluvial, principalmente chaos, forman o percorrido con algún camiño empedrado lixeiramente máis esixente para os deportistas antes de regresar á meta, na Ponte dos Tirantes, no corazón da cidade.

Actualmente atópanse abertas as inscricións a través de cada Federación Nacional. A data final de peche de inscricións será o 27 de marzo.

Os deportistas con licencia da Fetri gozan dunha bonificación do 40% sobre o prezo de inscrición oficial do evento ata o 31 de marzo. As inscricións poden realizarse aqui: https://bit.ly/2TXAP27.