As distintas áreas de xestión do Multisport poñen en común o seu traballo en dous días de xuntanzas operativas

7

Parte do staff técnico do Multisport 2019 examinou luns e martes en Pontevedra a evolución dos traballos organizativos necesarios para o éxito das probas, que a nivel deportivo presentan unha grande complexidade de horarios e percorridos, polo que aínda estes días están pechándose pequenos flecos para afectar o mínimo á mobilidade urbana e parroquial.

O campionato iníciase o vindeiro 27 de abril e prolóngase ata o 4 de maio. O primeiro sábado terá lugar o mundial de dúatlon na súa modalidade de grupos de idade sprint, así como as competicións junior e elite, o domingo dedicarase ao dúatlon estándard e o aquabike. Algunhas desta probas subdivídense noutras carreiras de grupos de idade, junior, sub23, relevos, etc, que conforma a oferta de 9 grandes competicións que terán lugar eses días na cidade.

A presenza en Pontevedra do director técnico da proba, Jorge García, acompañado do responsable de atención ao triatleta, Armando Rodríguez, aproveitouse para intercambiar datos e decisións cos responsables locais e visitar os distintos escenarios nos que se despregarán as sedes operativas, en especial o Pazo da Cultura e o Centro Galego de Tecnificación Deportiva onde se instalarán espazos de apoio deportivo, sanitario, de xestión de usuarios, acollida, prensa e un longo etc.

Estudiouse a mobilidade dos participantes desde a súa chegada a calquera dos tres aeroportos de referencia (Porto, Santiago e Vigo) ata a súa partida, pasando polas necesidades operativas para os desprazamentos entre os hoteis de o centro da cidade, xa que moitas das pernoctacións realizaránse en Sanxenxo, Poio e Marín, ademáis das que podan contratarse en Vigo para o seu deslocamento en tren.

Aluguer de bicis deportivas, despregue da oferta turística paralela, necesidades de sinaléctica, branding empresarial e deportivo, retransmisións en streaming a través de internet e cara ás duas pantallas xigantes que se instalarán na cidade, asuntos protocolarios, montaxes de hostelería precisos para a satisfacción de deportistas e acompañantes, espectáculos, festas de chegada e clausura, atención multilingüe a visitantes ou redes sociais, atópanse entre os capítulos que se repasaron, unidos a toda a xestión de viaxes internacionais que está a realizar a empresa Globalia.