Campaña de captación de voluntarios para o Mundial Multisport Pontevedra 2019

91

O Mundial Multideporte de Pontevedra movilizará entre o 27 de abril e o 5 de maio a uns 400 voluntarios e voluntarias que colaborarán coa organización no desenvolvemento das probas durante cinco xornadas de campionatos do Mundo nos que serán necesarios para atender diferentes áreas tanto administrativas como deportivas e de seguridade. A Oficina de Voluntariado de Pontevedra, creada hai dez anos, canaliza todas as solicitudes para participar no evento, que están abertas tanto a residentes en Galiza como a visitantes con motivo das competicións. Deportistas que van pasar varios días na cidade participando en varias probas poden formar parte do voluntariado en outras, ou os seus acompañantes vivir moi preto e dende dentro todo o que ocurra en Multisport Pontevedra 2019. Toda a información sobre como ser voluntari@ pódese ampliar aquí: https://bit.ly/2ScTPfX

Os compoñentes da Oficina de Voluntario de Pontevedra contan xa cunha amplia experiencia dende o seu debut nuns Xogos de Policías e Bombeiros. O pasado ano tomaron parte na proba test dos circuitos de Triatlón Cros e Triatlón Longa Distancia celebrados na cidade co gallo da Copa de Galiza de Triatlón Cros e o Campionato de España de Triatlón LD, e unha representación da Oficina acudiu igualmente ao Campionato de Europa Multideporte Ibiza 2018, colaborando activamente coa organización en diferentes ámbitos.

@s voluntari@s participarán en labouras de secretaría e acreditacións, protocolo e cerimonias, apoio aos servicios de comunicación e prensa, oficiais deportivos, fisioterapia e loxística, así coma en tarefas de seguridade viaria e deportiva. Dende os 16 anos pódese colaborar na organización dun dos maiores eventos celebrados en Galiza e España. As persoas que se inscriban no programa de voluntariado de Pontevedra recibirán formación xeral e específica sobre o seu posto, equipamento oficial e estarán cubertos por seguros de responsabilidade civil e accidentes. Participarán en actividades do programa especial deseñado para el@s, e terán acceso ás festas do campionato.

Calquera dúbida pódese consultar no mail oficinadevoluntariado@gmail.com. O formulario de rexistro para formar parte do Voluntariado no Mundial Multideporte de Pontevedra pódese atopar na web do evento aquí: https://bit.ly/2HnFQPw