Claxxon: pop rock internacional en pleno Multisport

11

A Festa Internacional do Traballo, o primeiro de maio, servirá para que se suba ao escenario principal do Trifest o grupo Claxxon, unha formación de músicos galegos que ensaia cada semana en Pontevedra e que cun repertorio cheo de figuras internacionais repasará os éxitos dos 80 e 90.

Claxxon marca dende 2011 unha diferenza clara co resto de orquestras no panorama festivo da música en directo de Galiza, pois apártase das modas máis latinas da maioría das formacións para ofrecer unha aposta rockera e pop.

Os seus seis compoñentes, con dúas voces principais, déixano todo nunha actuación chea de enerxía, voltios e variedade, pois interpretan dende grupos de pop e rock español dos 80 como Mecano ou Sabina, ata apostas máis internacionais coma Bonnie Tyler, Springsteen, Europe, Led Zeppelin, Deep Purple ou The Cranberries. Un dos seus últimos éxitos foi unha sucesión de temas da española Mónica Naranjo.

https://youtu.be/1HyZRojntpQ

https://youtu.be/4jQpaJQg3Mg