Configúranse os tres núcleos operativos do Multisport 2019

14

Tres áreas da cidade concentran os distintos dispositivos da organización

Os avances organizativos que se producen na sede do que será Multisport 2019 van facéndose visibles nos tres centros neurálxicos das probas: o Pazo da Cultura, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva e a Alameda acollerán os distintos servizos deportivos, de atención ao deportista e as necesidades operativas de todos os dispositivos que se despregarán para que todas as competicións sexan un éxito.

No Pazo da Cultura terán o seu espazo os servizos que a Unión Internacional de Tríatlon (ITU) precisa durante a celebración do Multisport. No Centro Galego de Tecnificación Deportiva da Xunta despregaránse todos os servizos operativos do ámbito deportivo (xuices, organización da proba, loxística, comunicación, etc.) Moi perto do CGTD atópase a Ponte dos Tirantes, sede principal das probas acuáticas.

No núcleo central da cidade (Praza de España, Montero Ríos, Alameda) decorrerá a parte máis social e algúns servizos aos e ás deportistas. Unha carpa acollerá a vila do triatleta e os espazos de recepción, retirada de dorsais e outros servizos. Tamén nesta zona desenvolveráse o programa de ocio e a maior parte dos espectáculos, así como as cerimonias de inauguración e clausura.

O campionato iníciase o vindeiro 27 de abril e prolóngase ata o 4 de maio. O primeiro sábado terá lugar o mundial de dúatlon na súa modalidade de grupos de idade sprint, así como as competicións junior e elite, o domingo dedicarase ao dúatlon estándard e o aquabike. Algunhas desta probas subdivídense noutras carreiras de grupos de idade, junior, sub23, relevos, etc, que conforma a oferta de 9 grandes competicións que terán lugar eses días na cidade.