Descontos para alugar coches con Europcar

13

Unha das empresas colaboradoras no Mutisport de Pontevedra, Europcar, que cede desinteresadamente algúns dos seus vehículos para realizar labores loxísticos e operativos, oferece tamén descontos a todos os e as deportistas que se acheguen a participar na proba.

Aínda que no interior da cidade o automóbil non é un obxecto útil, si que moitos deportistas que teñen o aloxamento fóra do centro urbano ou que desexen ter unha autonomía para realizar excursións, podan dispoñer deste servizo de aluguer cun desconto do 20%.