Desfile de bandeiras con homenaxe a Ravachol e apertura cun espectáculo creado expresamente por Pablo Méndez

58

Multisport abrirá as súas portas coa compaña de decenas de gaiteiros, danza tradicional e un espectáculo de música e danza aérea, todo de produción local. Será venres, 26 de abril, coa súa primeira cita ás 17,30 h, que empezarán a concentrarse os atletas participantes na praza de A Ferrería, en pleno centro da cidade.

De este lugar partirán os triatletas que queiran tomar parte no desfile de bandeiras, que serán saudados por un grupo de persoas vestidas de época, ante o monumento ao loro Ravachol, emblema do campionato, emulando ao tempo da botica de D. Perfecto Feijóo, o seu propietario a principios do século XX. Todas as bandeiras rendirán un saúdo ao loro e ás personaxes de época, os cales corresponderán a esa deferencia.

Os atletas partirán da Ferraría precedidos polo grupo de gaitas Os de Algures e a compaña do Ballet Folclórico de Galicia, que encabezarán o desfile. Tras o saúdo a Ravachol, enfilarán a rúa Michelena ata a Praza de España, onde se ubica o escenario principal, dando as costas ao monumento aos Heroes de Ponte Sampaio e a boca cara ao Concello. Pechará o desfile unha gran banda duns 40 músicos que ao son de pezas populares galegas porá o broche final e dará inicio ao espectáculo sobre o escenario.

Nese lugar o ballet ofrecerá unha pequena mostra do seu traballo, se desenrolarán os discursos oficiais, a declaración dos xuíces e o espectáculo de música, cor e danzas que está preparando a compañía Pablo Méndez Performances, que dende Pontevedra ameniza festas en todo o mundo. Exemplo destes espectáculos son a residencia na sala Fabrik de Madrid, a Winter Music Conference de Miami, o Orgullo Gay de Viena, entre distintas festas en México, Tánxer, Casablanca, Dominicana, Turquía, Alemaña ou Bélxica. Tamén son habituais nas festas de Ibiza. As intervencións de autoridades se iniciarán cos discursos do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galiza, a presidenta da Diputación, o presidente da Federación Española de Tríatlon, o alcalde da cidade e presidente do comité organizador, e a presidenta de la ITU, que pechará o acto.

Ao finalizar o evento, os gaiteiros acompañarán aos deportistas ao recinto da Pasta Party, nas proximidades dese lugar. A continuación, tanto os gaiteiros de Os de Algures coma o Ballet Folclórico de Galicia prolongarán súa estancia ofrecendo bailes populares en diversas prazas do centro histórico.