Máis Pontevedra para o circuito de Triatlón LD no Mundial Multideporte 2019

8

O casco urbano de Pontevedra terá máis protagonismo no circuito do Campionato do Mundo de Tríatlon Longa Distancia e Aquabike incluído no programa do Mundial Multideporte. Será o gran peche o sábado 4 de maio a unha intensa semana de competicións que incluirá tamén a disputa dos títulos mundiais de Dúatlon, Tríatlon Cross e Aquatlon. Toda a información sobre o circuíto de trítalon LD e Aquabike está disponible no web do evento aquí: https://bit.ly/2ExpJwl

A natación disputaráse nas augas do Lérez, con saída desde os Tirantes. No CGTD estarán ubicadas as áreas de transición, recta de meta e servizos principais para deportistas. Serán 3 km nunha volta antes de afrontar o circuíto ciclista, que amplía o seu paso polo centro da cidade permitindo que os espectadores gocen de máis puntos para presenciar o ciclismo e animar aos deportistas en competición en cada unha das 3 voltas a realizar, todas con paso pola parte urbana. O trazado desenvólvese cun perfil non demasiado duro pero sí esixente e que pode marcar diferencias antes da carreira a pé.

Catro voltas de carreira a pé polas zonas da Illa do Covo, o paseo do Lérez e o centro histórico prevese con moito público no percorrido. Isto completará un mundial de trítatlon LDL semellante pero con algunhas melloras e retoques a respeito dos circuítos nos que se desenvolveu o campionato de España LD de 2018. O perfil da carreira a pé é moi plano, con pasos polo estadio do CGTD e unha presenxa constante de público, ademáis de ubicacións que permiten a acompañantes e técnicos ver o paso dos triatletas en diferentes lugares con desprazamentos curtos a pé.

Actualmente atópanse abertas as inscricións a través de cada Federación Nacional ata o 27 de marzo.