Masterclass Zumba gratis o 29 de abril e 2 de maio

21

Non vos perdades as dúas Masterclass de Zumba que se celebrarán o 29 de Abril e o 2 de Maio na praza de España ás 19:00h, podedes asistir gratuitamente e só tedes que vir querendo divertirvos.

Estarán dirixidas por Carla Novoa Rajo e Raúl Meira Piñeiro e contarán coa colaboración de Sport de Pontevedra, Be One Sport e Fitness, o Concello de Pontevedra e a Copa do Mundo de Pontevedra 2019.