Mercedes Peón trae a súa etnoelectrónica ao Multisport

49

O concerto de Mercedes Peón sorprenderá. O martes 30 de abril, ás 10 da noite, subirase ao escenario principal do Multisport esta polifacética creadora e investigadora das raíces musicais de Galiza, ás que exprime toda a súa potencia orixinal ata convertila en toda unha experiencia contemporánea. Será un espectáculo no que o espectador vibrará cos efectos electrónicos máis intensos e a exquisitez dunha artista internacional.

Durante unha longa tempada mostrou o resultado das súas investigacións folclóricas no programa máis popular da televisión pública galega, Luar, o que lle reportou unha grande popularidade. Tras pasarse 25 anos estudando a tradición musical de Galiza gravou o seu primeiro disco no 2000, Isué, a partir do cal labrouse un prestixo internacional sen esforzos promocionais.

No 2018 chegou seu quinto e último traballo, Deixaas, o resultado dun intenso período de investigación sobre as posibilidades da arte sólica, campo no que é referente internacional. Hoxe é unha aposta segura da música etnocontemporánea europea.

https://es.wikipedia.org/wiki/Mercedes_Peón
https://youtu.be/iWIe7uyi24o