Quedou definitivamente pechado o calendario oficial do Multisport 2019

11

Publicouse recentemente o calendario de competicións do mundial Multisport do próximo ano, que inclúe as probas de 5 deportes. Un conxunto de 9 carreiras que comezará ás 8 horas do sábado 27 de abril coa proba de grupos de idade do sprint duatlon, e rematará o 5 de maio coas carreiras de longa distancia e aquabike.

Tamén inclúe unha cerimonia de apertura, o venres, 26 de abril, e 2 de clausura: unha o domingo 28 de abril e outra o sábado seguinte, 5 de maio.

Os puntos fortes deste calendario son a Longa Distancia —proba raíña do Multisport— e a carreira de Tríatlon Cross, que terá lugar o martes 30 de abril, véspera do festivo primeiro de maio.  As probas de dúatlon terán lugar durante a última fin de semana de abril e o aquatlon na tarde do xoves, 2 de maio.