O mundial de Dúatlon percorrerá o corazón da cidade

17

O modelo de cidade posto en marcha por Pontevedra e convertido en referente mundial de mobilidade sustentable permitirá que o campionato do mundo de dúatlon que se celebrará os días 27 e 28 de abril no marco do Mundial Multideporte 2019 teña como escenario o corazón da cidade.

Tanto na distancia sprint como na estándar, os participantes terán a oportunidade de gozar do calor do público nunha das localidades de referencia para o tríatlon e cunha longa tradición da organización deste tipo de eventos. A accesibilidade a distintos puntos dos circuitos das carreiras de a pe e ciclismo, moi próximos á zona principal da competición, permitirá aos acompañantes seguir a carreira perto dos seus deportistas favoritos.

Os dous segmentos da carreira a pe do mundial atravesarán o centro histórico, de orixe medieval e declarado conxunto histórico artístico en 1951, un dos mellor conservados de Galiza. Os deportistas pasarán en cada volta polo estadio do CGTD, onde están instaladas a transición e a recta de meta.

Serán duas voltas ata completar os completar cinco quilómetros para o primeiro segmento, 3 voltas de ciclismo que suman 20 kilómetros, e unha volta final de 2,5 km. A carreira feminina comenzará ás 15:45 h. o día 27, e a masculina ás 18:45 h. Tamén se disputarán o sábado día 27 de abril as probas Júnior, coas mesmas distancias e saída que as femininas ás 11:45 h. e masculina ás 13:45 h; e Grupos de Idade, con saída ás 8 h. O domingo 28, tamén a partires das 8 h, tenrá lugar o Mundial de distancia standard para Grupos de Idade, con 10 quilómetros de carreira a pé en catro voltas no primeiro segmento, e dúas voltas para completar 5 km. no segundo e final.

O percorrido de ciclismo será principalmente urbano para a distancia sprint e as categorías elite e sub-23, co eixo principal na ponte dos Tirantes. Para grupos de idade amplíase co obxectivo de cumplir 20 km, o que permite unha competición máis cómoda. Os 40 km da distancia standard tamén serán a unha soa volta cun percorrido ampliado que chegará ao embalse do Pontillón do Castro.

Os e as paratriatletas que participen neste mundial de dúatlon competirán o domingo 28 de abril a partires das 14 horas, con percorridos moi urbanos tanto para a bici como para as carreiras a pé.

A carreira de relevos mixtos comezará ese mesmo domingo ás 17,30, con percorridos moi centrados no estadio do CGTD e a cidade.