Os campionatos deportivos, protagonistas do calendario municipal 2019

19

O tríatlon, e en menor medida o balonmán e a loita, protagonizan o calendario municipal de 2019, que se distribuirá gratuitamente a partires do luns no Concello. Tamén pode descargarse da páxina web.

A celebración do mundial Multisport nos últimos días de abril e primeiros de maio na cidade será un acontecemento que centrará a atención de moitísimas persoas, polo que se dedicou a estas actividades deportivas a publicación anual, que en 2018 foi protagonizada por fotografías de realidade virtual.

A versión do Loro Ravachol —mascota do evento— celebrando con expresividade multicolor o aninovo ocupa a portada da publicación que como cada ano ofrece 25 fotografías de diversos aspectos da capital.

Ademáis do Multisport 2019, tamén teñen lugar outros campionatos internacionais neste ano, como mundial xuvenil de balonmán —do 3 ao 9 de xuño— e o europeos de loitas olímpicas, entre o 15 e o 28 de xullo. Estes dous campionatos, ao celebrárense en interiores, só protagonizan as 4 fotografías dos meses respeitivos.

Javier Gómez Noya e Pablo Dapena aparecen en algunha das fotografías do calendario, que se aproveita para mostrar espazos da cidade e o municipio polas que decorrerán as diferentes carreiras das que se compón a proba, lóxicamente con especial protagonismo ao espazo central das competicións: a ponte dos Tirantes, o CGTD e o centro histórico. O Pontillón do Castro, as sendas forestais do triatlón cross ou os eventos sociais teñen tamén a súa importancia nunha publicación que ademáis de galego, utiliza os idiomas portugués, español, inglés e francés para nomear os meses. Como de costume, indica datos da lúa, eclipses e mareas vivas, así como os festivos en Pontevedra.

Da tirada 20.000 de resérvanse uns 4.500 para cada un dos deportistas que estarán en Pontevedra nos días dos mundiais.