Os hoteleiros de Pontevedra ceden ao Multisport a súa nova e divertida app turística

29

As concelleiras de Promoción da Cidade e de Deportes, Anabel Gulías e Anxos Riveiro,
reuníronse esta mañá coa Asociación de Hoteleiros de Pontevedra, a petición do
colectivo, para falar dunha nova colaboración co Concello co fin de axudar a dar a
coñecer a cidade no marco do Mundial de Tríatlon. Puxeron a disposición do Concello,
gratuitamente, unha app de información turística propia – Soundwalkrs- que, até agora,
era de uso para os seus clientes para que poida ser usada como aplicación “oficial”, como
aplicación de referencia, no tríatlon.

“O Mundial de Tríatlon non é unha cuestión causal senón que é parte dunha estratexia
deliberada por traer eventos deportivos a Pontevedra, unha maneira magnífica de
dinamizar o turismo da cidade e polo tanto a nosa economía ” subliñou Anabel Gulías
Unha visión que comparte a Asociación de Hoteleiros. Patricia Sierra, representante do
sector, recoñece que “están involucrados nos beneficios que trae a desestacionalización
(turística) acadada na cidade” grazas aos 7-8 anos de celebración de eventos deportivos
na Boa Vila que fai que “teñamos unha ocupación bastante boa” ao longo do ano.

A dos hoteleiros e unha app de información turística baseada nunha experiencia
“inmersiva” do visitante, que fai que coñezan a cidade dun xeito dinámico, divertido.. a
través de segredos, xogos e participación activa, explicou a concelleira de Promoción da
Cidade. Trátase dunha innovadora audioguía que distribúese en inglés e español e que,
agora, co soporte do Concello vai a incorporar dous idiomas máis: galego e francés.
Ademais integrará a información sobre os eventos deportivos e lúdicos do Mundial de
Tríatlon.

Soundwalk é unha star-up tecnolóxica creada no ano 2014, que elixiu a Pontevedra como
a primeira cidade e ter o seu modelo de guía “inmersiva” para a súa expansión
intenacional en Europa, “ao compartir valores” de sostenibilidade e calidade, sinalou
Piedad Rojas, da Asociación Soundwalk.

Coa app disporase dunha audioguía “inmersiva” -con contidos documentados por a
historiadora Milagros Bará- e, a través de Explorer, terá xeo-referenciados todos os
lugares das probas de tríatlon, actividades e citas lúdicas asociadas ao mundial.

As persoas interesadas en accesder a app Soundwalkrs poden facelo co código npu457