Panorama, espectáculo total da festa galega

23

A Orquestra Panorama vainos acompañar o domingo 28 de abril, un día electoral para a cidadanía española, que os participantes no Multisport poderán aproveitar para participar neste gran espectáculo de luz e son. Panorama é a aposta segura do Trifest, tras a súa participación no mundial de duatlón de 2014, cuxo impresionante escenario serviu para entregar os premios aos Grupos de Idade ante miles de persoas.

O protagonismo desta formación no verán galego é indiscutible, con concertos sempre abarrotados de seareiros, un espectáculo cheo de luz, bailaríns, acróbatas, cantantes e músicos que interpretan un repertorio de éxitos comerciais moi coñecidos por todos e todas. É por excelencia o grupo máis resultón da escena galega.

O conxunto formouse en 1988, pero cinco anos máis tarde modificou a súa estratexia escénica e incorporou tecnoloxía de vangarda para a escenografía, dando moito máis protagonismo ao corpo de baile e as atraccións visuais, que combinado coa calidade do seu son e un márketing bastante coidado, revolucionou o mundo da verbena.

Según recollen na presentación do show de 2019, “ademais de ter no repertorio os temas de maior actualidade, os momentos máis divertidos, as ‘performance’ máis espectaculares, como sinais de identidade de Panorama, imos enriquecer a nosa proposta con música remember e sempre cos ‘number one’ de artistas e de temas”, explica o director da formación, Manuel Lito-Garrido.

Traerán ao Multisport seu ‘Number One Tour’ un espectáculo brillante e sorprendente: “É un gran reto ilusionante, que nos enche de enerxía, saír ao esceario estando ante nós o público ‘number one’, que sodes todos vos. Contamos coa vosa implicación como parte do espectáculo e con vosos aplausos. Vos sodes a razón de ser de Panorama e convosco immos a compartir os mellores momentos”, añade Lito.

http://orquestapanorama.es
https://youtu.be/JQGFGGHHyH8
https://youtu.be/jsHWPPV8jaw