Podes personalizar agora a túa medalla finisher por tan só 10€

55

Os e as deportistas que logren acadar a meta da súa carreira mundial no Multisport terán a posibilidade de gravar o seu nome na medalla finisher, para o que deben solicitar o servizo a través de
https://www.rockthesport.com/en/event/grabacion-de-la-medalla–
O prezo do servizo é de 10 euros, se se compra anticipadamente e de 15 se se contrata no lugar da carreira.

A organización dispuxo este sistema de personalización do trofeo finisher para que cada deportista poda levar á casa unha lembranza máis senlleira, que inclúa tanto o nome e apelidos do ou da atleta, como o tempo oficial que acadou ao pasar a liña de meta.

Cada medalla aparece co nome de cada unha das cinco disciplinas que se disputan, diferenciadas cunha cor definitoria. A gravación será realizada pola parte posterior.