Pontevedra, un destino LGTB+ friendly tamén para triatletas

44

Os deportistas LGTB+ que se acheguen á cidade co gallo do ITU World Multisport terán diversas opcións para relacionárense. Aínda que Pontevedra non é un importante foco de turismo LGTB+, as Rías Baixas ofrecen un ambiente idóneo para o lecer e a interrelación para quen ten tendencias sexuais diferentes á hexemónica.

Con todo, o ambiente liberal é xeneralizado na cidade e na contorna, e ninguén reprime a expresión afectiva das persoas en función da súa opción sexual, como acontece en xeral en toda España. Nas cidades máis pequenas, tamén se exercen os dereitos afectivos sen nengún tipo de limitacións, e, en xeral, exentos de problemas. As policías local e nacional adoitan exercer unha activa acción de defensa deses dereitos de expresión pública do colectivo LGTB+.

As prazas da Verdura ou do Campiño ofrecen os focos máis xoves e alternativos da capital, nas que conviven desde ambientes familiares convencionais ata outros máis diversos na máis absoluta indiferenza cara á orientación sexual das persoas.

Ademáis das concorridas apps de contactos entre homosexuais, algúns bares son habitualmente frecuentados por persoas LGTB+, aínda que non en exclusiva. O Rumore, un local da rúa da Virxe do Camiño quizaves sexa o principal referente para horarios de tarde e primeiras horas da noite. E pola noite, bares como o Ufo, na parte baixa do centro histórico fóron convertíndose en referente destes públicos diversos.

En canto ás áreas de cruising próximas á cidade, existen duas bastante frecuentadas e moi coñecidas polo público gay, e calquera pode indicar ao visitante a súa ubicación ou como chegar, se ben é preciso desprazarse en coche. Son máis concorridas en horario noiturno. Moi próximos á cidade existen ademáis moteis que permiten estadías por horas. O máis recomendable é o Venus, a escasos quilómetros do centro da cidade.

Pontevedra celebra entre os meses de xuño e xullo o seu Orgullo LGTB+, que consta habitualmente de ciclos de cinema, encontros sobre a diversidade sexual e afectiva, e o festival FLOP (Free Life Orgullo Pontevedra), 12 horas continuadas de música electrónica nun parque da cidade na que participan coñecidos dj’s locais e internacionais.

Se o tempo permite ir á praia, hai varias alternativas a menos de meida hora da capital. A máis recomendable é a praia de Barra, un paraíso ubicado no extremo da península do Morrazo, cunha animada vida gay ao fondo do areal e os bosques próximos. Despois ou antes da visita, recoméndase achegarse aos cercanos acantilados da Costa da Vela e Cabo Home, con espectaculares vistas sobre o océano e as illas atlánticas de Galiza.

Outra alternativa, máis familiar e pequena, é a praia de Bascuas, no concello de Sanxenxo, con suxestivas zonas de paseo entre as rochas cando a marea baixa o permite, e un interesante restaurante de praia onde degustar produtos do país. Se prefires unha opción máis salvaxe, podes achegarte a San Vicente do Mar, no Grove, con fantásticas calas solitarias moi frecuentadas por persoas LGTB+.

En cidades máis grandes e próximas existen outro tipo de locais gays. Como referentes, a veterana discoteca RoyBleck, que leva décadas sendo o referente gay do sur de Galiza, ou o Hole, un local máis novo que abre ben avanzada a noite e pecha xa coa luz do día. En Santiago, o referente é o Bloom, un local musical de moda na capital galega. Tanto en Santiago como en Vigo existen saunas gays abertas todos os días do ano.