Este simpático logo é a mascota oficial do 2019 Pontevedra ITU Multisport World Championships.
Ravachol dache a benchegada ao #ITUpontevedra19
A nosa mascota será un descendente deste loriño tan descarado e famoso na nosa cidade.
A finais do século XIX, este papagaio era a mascota do popular boticario don Perfecto Feijóo, no centro da cidade. Desde aló increpaba a veciñanza e viandantes coa súa divertida elocuencia. En xaneiro de 1913 finou e, no entroido dese ano, a xente organizou un multitudinario velorio. Hoxe, Ravachol é o protagonista absoluto do entroido pontevedrés, que dedica o último dos seus 10 días de celebración a chorar a infausta morte da ave. Ao final, despídeo a multitude mentres se queiman os seus restos na praza da Ferraría.