Publícase o percorrido de Longa Distancia

26

O percorrido do tríatlon longa distancia consta de 3 km de natación, 112,5 km en bici e 30 km de carreira pedestre. Se a natación percorre un ida e volta entre as pontes dos Tirantes, de Santiago e a praia fluvial, e a carreira a pé conta cun circuíto de 4 voltas entre o CGTD, o centro histórico, a illa do Covo e a praia fluvial, é a carreira en bici a que se dispara ás aforas de Pontevedra para completar os seus máis de cen km.

Esta carreira en bici sae da zona transitoria do CGTD cara ao campus, de aló a Lérez pola avenida de Compostela, volve pola estrada N550 ata o cruce do Pontillón, collen á dereita para achegarse ao encoro e a Bordel, regresan pola mesma estrada para retomar a 550 ata San Antoniño, en Barro. Regresan á cidade pola estrada de Santiago ata a ponte do mesmo nome, a rotonda entre a rúa das Galeras e a Avda. de Bos Aires, para regresar ao CGTD, onde se atopa a meta.

Na web do evento poden descargarse xa estes elementos gráficos que axudarán aos atletas a estudiar e preparar as probas, pois as gráficas conteñen todas as características de altimetría e distancias necesarias para percibir as dificultades técnicas que presentará a competición.