O europeo de Ibiza ulíu a mundial

14

Multisport 19 estuvo presente no pasado Campionato de Europa Multisport 2018 de Ibiza, celebrado do 19 ao 28 de outubro. Instalouse aló un stand, despregouse unha acción de relacións públicas entre os atletas e trasladouse á illa un grupo de voluntarios e voluntarias pontevedresas para colaborar coa organización. Cada participante tamén recibiu información básica sobre o campionato a través dunha publicación informativa.

No stand exhibíronse distintos audiovisuais, realizáronse numerosas fotos para as redes sociais e ofreceuse a delegacións e triatletas toda a información sobre a cidade e Galiza que foron requerindo, especialmente sobre as opcións de residencia durante o campionato, os aeroportos cercanos ou os tempos de traslado entre os distintos lugares e a sede das competicións, todas co epicentro na ponte dos Tirantes.

Segundo puideron saber as personas desprazadas á illa, son moitos os participantes que virán  competir a Pontevedra, xa que valoran especialmente o clima festivo que se vive nos campionatos que aquí se celebran, o ambiente relaxado e peonil da cidade, e a beleza dos percorridos, con especial referencia á competición de cross, cun trazado que foi testado por primeira vez no pasado campionato de España desta especialidade.