O Lérez e o seu contorno, protagonistas do Mundial de Acuatlon Pontevedra 2019

13

O río Lérez e o seu espectacular entorno natural serán os escenarios do campionato do mundo de Aquatlon, que se celebrará o xoves, 2 de maio no marco do Mundial Multideporte Pontevedra 2019. A área de transición e a zona de meta estarán ubicadas na avenida de Bos Aires, moi perto do centro urbano e porta da zona natural máis próxima á cidade galega. O parque fluvial do Lérez, paseo habitual para a cidadanía, é un dos símbolos da recuperación da natureza na contorna do río —xunto coa Xunqueira de Alba e o Río dos Gafos—, e será progagonista tamén no Mundial de Duatlon Cross 2019.

O percorrido do segmento de natación disputaráse nunha volta de 1 quilómetro para todas as categorías, con acceso á auga desde o pantalán cabo da Ponte dos Tirantes. A competición elite, junios e sub-23 comezará ás 15h. Media hora despois daráse a saída ao Mundial de acuatlon paratriatlon e a partires das 16 h aos grupos de idade. A carreira a pé, con duas voltas que fan 5 quilómetros, será íntegramente pola marxe do río, con moitas árbores e sombras para deportistas e público.

Actualmente atópanse abertas as inscricións a través de cada Federación Nacional. A data de peche das inscricións é o 27 de marzo.

Os deportistas españois con licencia FETRI gozan dunha bonificación do 40% sobre o prezo oficial do evento ata o 31 de xaneiro. Poden tramitalas aquí:  https://bit.ly/2s4fLdB