¡¡¡Non o perdas!!! Tres atractivas excursións para coñecer mellor Galicia

34

Natureza, espiritualidade e cultura mariñeira son as tres ideas forza que determiñan a oferta de excursións para realizar durante o Mundial Multisport Pontevedra 2019. Organizadas por Viaxes Deza, dispuxéronse catro citas distintas: dúas a Santiago en días distintos e unha a os destinos de Cíes e Combarro con barco pola ría.

A excursión marítima pola ría de Pontevedra partirá de Combarro, onde os visitantes poderán realizar unha visita ao su interesante centro histórico, unha das mostras de arquitectura popular mariñeira máis importantes de Galiza e centro de innumerables visitas turísticas. A bordo dun barco realizarase unha travesía pola ría, visitando os parques de bateas onde se cultivan mexillóns, ostras e vieiras. Precisamente a viaxe inclúe unha degustación de mexillóns e viño a bordo. O prezo é de 38 euros.

Achegarse a Santiago vai ser posible por 36 euros persoa e consta dun tour pola capital de Galiza e meta final do Camiño de Santiago, unha das rutas espirituais máis importantes do mundo. Ademáis dunha bulliciosa cidade universitaria e administrativa, é berce dunha das máis importantes catedrais da Europa cristiana. Terán lugar o 28 de abril e o 1 de maio.

A das Illas Cíes, que custa 54 euros por persoa, sae de Vigo e consiste en pasar o día 29 de abril explorando as illas de Monteagudo e Faro, que están unidas pola praia de Rodas, considerada unha das máis fermosas do mundo.
As tres viaxes inclúen guías turísticos para acompañar a os participantes, e os autobuses partirán de Portonovo, pasando por Sanxenxo, Combarro, Poio e Pontevedra.

Para contratalas, podedes facelo a través desta ligazón:

Excursiones