Xa podes alugar a túa bici para o Multisport

45

O servizo de bicis de aluguer para o Multisport 2019 de Pontevedra xa pode ser contratado polas persoas interesadas a través do web do campionato. Poden alugarse bicis de carreiras por un mínimo de 5 días centrados ben nos campionatos de dúatlon, ben nos do tríatlon de longa distancia. Para as competicións de tríatlon cross poderán alugarse bicis de montaña.

O período mínimo de aluguer é de 5 días. Ofrécense dous períodos arredor do Campionato de Dúatlon (de 25 a 29 de abril) e do de Tríatlon Longa Distancia (de 1 a 5 de maio). As bicicletas de estrada costarán 220€ por 5 días e as de montaña 160. Hai 4 tipos diferentes de pedais y pódense reservar por 8€ extra. Alugar un casco costa 15€ e por un suplemento de 40€, o deportista pode recibir a súa bici no hotel; ao final do período, recóllenlla tamén alí.

O servizo será prestado por unha empresa española especializada neste tipo de negocios e os usuarios poderán retirar as súas bicis na feira do e a atleta, situada na avenida de Montero Ríos (praza de España). O servizo pode contrtarase a través do web do campionato pontevedra2019.org ou a través do seguinte link: http://competiciones.triatlon.org/en/event/rent-a-bike